Friday 17 de May de 2024

Muxía acollerá a proxección do filme María Solinha o vindeiro día 10 de setembro ao aire libre


Está previsto que se celebre na praza Cabo da Vila e desde o Concello recomendase levar roupa de abrigo.

O Concello de Muxía acollerá a proxección do filme María Solinha o vindeiro 10 de setembro ao aire libre na praza Cabo da Vila, sendo aconsellable levar roupa de abrigo. O aforo completarase por orde de chegada dos espectadores.
Esta peza audiovisual, con autoría de Ignacio Vilar, trátase dun proxecto inédito, no que se supón unha exhibición con carácter de estrea e primicia mundial dun filme galego e en galego, en localidade medianas e pequenas que non contan con sala de cine comercial.
Na pez, realidade e ficción mestúranse para construír unha película que ‘non é unha historia de mulleres, senón unha historia de amor que trascende o xénero’. O director fará a presentación da súa obra media hora antes do comezo da proxección, ás 21:30 horas, e ao remate haberá un coloquio con Vilar.
Desde o Concello de Muxía continúase coa aposta pola cultura universalizada e segura, xa que ‘contaremos coas medidas de limpeza e hixiene que require o contexto que estamos a vivir’, comenta Olalla Benlloch, concelleira de Cultura.